Monterrei

A Xunta anuncia máis axuda no fogar para Riós

O conselleiro de Política social recibiu ó rexedor e prometeu 70 horas máis

 O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, confirmoulle ó rexedor de Riós que a atención a dependentes no seu concello veráse incrementada en 70 horas máis neste ano 2016. O anuncio fíxollo o responsable da consellería na rolda de entrevistas que tivo Rey Varela con rexedores e rexedoras co obxectivo de poñer en común as liñas estratéxicas que guiarán este ano a actuación do Goberno galego no ámbito da inclusión; da atención aos maiores e ás persoas con dependencia; do apoio á familia, á infancia e á conciliación; e da xuventude. Nesta ocasión, a reunión de traballo foi co alcalde de Riós, Francisco Armando Veiga Romero, e serviu tamén para repasar a situación dos servizos sociais neste municipio de Ourense.

Así, nesta nova etapa dirixida por José Manuel Rey Varela, o conselleiro insiste no diálogo cos entes municipais para optimizar os recursos locais e autonómicos de ambas institucións en beneficio dos galegos e galegas. Deste xeito, a Xunta de Galicia e os responsables das entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada concello.

MÁIS COOPERACIÓN
Neste sentido o responsable da carteira autonómica de Política Social e o primeiro edil de Riós contemplaron as posibilidades de cooperación futura en aspectos como a atención á dependencia. Ao respecto, Rey Varela anunciou un incremento de 70 horas no Servizo de Atención no Fogar (SAF), coa finalidade de chegar a un maior número de beneficiarios.

Te puede interesar