DO MONTERREI

Zarraquiños deixa a presidencia do Consello da D.O. Monterrei

A Presidencia en funcións do C.R.D.O de Monterrei será asumida polo actual vicepresidente do organismo, José Antonio da Silva Rodríguez, responsable de Vinos Lara

Asunción Rodríguez Zarraquiños deixa nas súas funcións como presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei por "motivos persoais". Recentemente, Asunción Rodríguez comunicou a súa decisión á conselleira de Medio Rural e hoxe informou da mesma ante o Pleno da entidade, nunha xuntanza que comezou ás 19,30 horas. 

A renuncia será efectiva a partir do vindeiro venres, día 9, dado que mañá participará no que será o seu último acto como presidenta, promocionando os viños da comarca –acto que xa tiña comprometido– na Casa de Galicia en Madrid.

A Presidencia en funcións do C.R.D.O de Monterrei será asumida polo actual vicepresidente do organismo, José Antonio da Silva Rodríguez, responsable de Vinos Lara, unha das 25 bodegas integradas na denominacion de orixe. 
 

Te puede interesar