A partir do dia 11 poderemos ver todolos martes unha nova entrega da obra de suspense galega.

11 de Marzo. Esa é a data elexida para o estreo de OCULTA IDENTIDADE.

Logo da serie de 19audiovisual
Logo de dous meses de preprodución, de busqueda intensiva de actores, música, decorados e localizacións porfín chega o momento que moitos estaban esperando. Oculta Identidade estrease o día 11 de Marzo en Youtube.
Xa falta menos para poder ver quen é realmente Cristian Pazos, cal foi o seu pasado e cal o seu futuro. Unha serie inspirada en Motivos Personales, na que os técnicos que a levan a cabo son estudantes dos módulos do audiovisual na Coruña.

Unha serie que mezcla actores novatos con actores xa consagrados como Rubén Riós (libro de familia), Nani Matos (Rías Baixas) e Julio Cela (El Rey de La Comedia ou AIR Galicia).

Unha estrea que moitos de nós estabamos esperando porque a partir do martes 11 viviremos cunha angustia, coa angustia de intentar saber o que realmente pasa.

Teremos duas formas de visualizar a serie, unha en Youtube escribindo 'oculta identidade' e outra na páxina web (www.ocultaidentidade.com) en alta definición.

De momento toca esperar unhos dias, pero podemos ver un trailer para ir abrindo boca na sua propia páxina web.

Te puede interesar