Acordo do Claustor do IES Chamoso Lamas do Carballiño

O Claustro do IES M Chamoso Lamas en xunta ordinaria do día 21-12-11 manifesta a súa total desconformidade coa resolución do Valedor do Pobo de 3 de novembro de 2011 que insta á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a que se adopte as medidas oportunas “para que non se utilice” o libro de texto de Coñecemento do Medio de 5º curso de Educación Primaria da editorial Vicens Vives, en tanto o seu contido sobre regulación estatutaria das linguas oficiais da Comunidade non sexa corrixido.

O Claustro do IES M Chamoso Lamas en xunta ordinaria do día 21-12-11 manifesta a súa total desconformidade coa resolución do Valedor do Pobo de 3 de novembro de 2011 que insta á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a que se adopte as medidas oportunas “para que non se utilice” o libro de texto de Coñecemento do Medio de 5º curso de Educación Primaria da editorial Vicens Vives, en tanto o seu contido sobre regulación estatutaria das linguas oficiais da Comunidade non sexa corrixido. Tal petición foi avalada de forma inmediata pola propia Consellería.

Desde este punto vista a devandita resolución merece unha rectificación posto que:

a) Está baseada nunha falsidade, xa que o texto ao que se refire respecta totalmente a legalidade e mantén rigor científico. Este recolle de forma literal (unidade 4, páxina 57) o disposto a respecto da lingua galega polo Estatuto de Autonomía no seu artigo 5.1: “A lingua propia de Galicia é o galego”. Ademais, na páxina 56 indica que “o castelán é a lingua oficial de España” e que en Galicia tamén é oficial o galego.

b) Dálle paso a un discurso que só procura crear conflitividade arredor das dúas linguas oficiais de Galicia, oficialidade que o manual cita expresamente.

c) Explicita unha ideoloxía lingüística que pretende minorizar aínda máis a lingua propia de Galicia, o galego, ao fomentar un debate no que mesmo se chega a cuestionar a lexislación que a ampara.

Así mesmo, esta actuación do Valedor suxírenos unha falta absoluta de sensibilidade de certas
autoridades políticas e educativas co labor cotián que desempeñamos nas aulas,
pois un dos nosos obxectivos didácticos prioritarios segue a ser a promoción e dinamización da
lingua galega, en canto patrimonio cultural común a todas as galegas e galegos, sempre desde
o respecto absoluto aos dereitos lingüísticos individuais de todos os membros da comunidade
escolar.

Agradecemos publiquen na edición escrita

Te puede interesar