Árbores caídos polo Regueiro Fozado

Nas inmediacións do Complexo Hospitalario de Ourense, máis en concreto xunto o antigo Hospital Provincial, pasa o Regueiro Fozado, que transcurre polo medio do que era a antiga finca Santamarina ou da Deputación ata quedar soterrado debaixo da rotonda de Mariñamansa e desaugar no Barbaña debaixo precisamente da avenida do Regato. Pois ese regato, e as súas inmediacións, ten como pode comprobarse polas fotografías adxuntas, unha total falta de limpeza. Así, podemos comprobar como en parte do seu percorrido hai grandes árbores rotas e caídas tanto o lado do que era a antigua granxa-escola, donde había vacas, e piñeiros tamén caídos debaixo do que xa son os novos edificios do CHUO. Outra estampa do Ourense abandonado, no que están involucradas todas as Administracións.

Te puede interesar