Concellos á deriva

Concello de Fene
Ao parecer hai quen interesadamente se nega a recoñecer que a historia é o prologo do futuro , e por iso a pesar do tempo transcorrido e dos mil avatares históricos intermedios; actualmente, os desencontros sobre a configuración da vertebración viable do Estado seguen sendo suxeito de debate.
Durante a primeira república de1873, os levantamentos cantonalistas sucedéronse maiormente por amplas zonas do sur e o levante español, sendo rechamante a declaración de independencia do chamado 'cantón de Jumilla', cuxo manifesto ameazante, deixa en anécdota as mais radicais aspiracións secesionistas que manteñen as actuais formacións nacionalista do Estado. Ao advertir na súa proclama, que os que se atrevesen descoñecer a súa autonomía ou traspasar as súas fronteiras, Jumilla, procedería en consecuencia, defendendo a súa autodeterminación até as últimas consecuencias, promovendo ao efecto o xusto desquite, co desafiante anuncio de non deixar pedra sobre pedra do territorio patrio dos seus invasores .

Aqueles grotescos episodios da nosa historia foron causados pola inestabilidade institucional do momento. Aquel intento errado de converter o estado nunha iteración de feudos do cantolamismo ultralocal, tiña a súa xénese na corrupción intelectual dos seus propios proxenitores, que non foron outros distintos aos caciques de turno, nun claro afán de reforzar o seu poder, sen tomar escala que aquel desatino era un despropósito cuxa repercusión traería unhas consecuencias irreparables como posteriormente veu demostrar a cruenta realidade dos feitos.

Ao parecer hai quen interesadamente se nega a recoñecer que a historia é o prologo do futuro , e por iso a pesar do tempo transcorrido e dos mil avatares históricos intermedios; actualmente, os desencontros sobre a configuración da vertebración viable do Estado seguen sendo suxeito de debate, o pano de fondo do escenario político.

Agora o esperpento da organización espacial dos municipios, é un reflexo daquel tempo pretérito, co factor engadido de ter que acrisolarse a estratexias de rendementos da nova orde electoral. Á marxe, tan só cambiou o esquema de ordenación e a figura dos operadores, investíndose o ultra cantonalismo da época polas modernas fusións corporativas modeladas nun centralismo impenetrable. Mentres a representación política, mantén a ineficacia de outrora, retocando tan só pinceladas ao suxeito da súa obediencia.E se onte naquela república eran súbditos do caciquismo decimonónico, agora, nesta democracia falsificada, exercen de subordinados, acatando como autoridade suprema o mandato que impón a tiranía dos mercados.

Por iso non debe causarnos nin a mais mínima sorpresa que os únicos que acceden á función pública sen superar oposición algunha, nin salvar proba de méritos; quen a pesar do tal contrasenso, non reparan en dirixir o aspecto máis decisivo nas nosas vidas, chegado o momento de avaliar o resultados da súa xestión, tenten camuflar as súas limitacións evadindo toda causa de responsabilidade, pois non temos que despistar que a súa estratexia estriba en outorgarlle ao carné militante mais validez de paridade que o título universitario de maior rango , para así, negando a constancia de que non todos valemos para todo, desde o trampolín da plataforma política, sen estudos ou mal aproveitados, nin cualificación apropiada e á marxe dos controis debidos alcanzar o poder supremo para trincar e medrar sen límite.

Tras a garantía de continuidade dese status de preferencia que goza o selectivo gremio de favorecidos que ostentan a gobernabilidade do municipalismo do país, ocúltase o extravagante criterio que argumenta este colectivo para fusionar corporacións locais como método de racionalización de medios e redución de custos. Sendo evidente que tras esa disparatada decisión, mantense oculta a intención de eximir as súas propias responsabilidades como directos causantes da precaria situación que actualmente padecen as entidades locais. Resultando por tanto un atrevemento, que a estas alturas, despois de trinta e tres anos de admisión continuada da estrutura orgánica de funcionamento, as consecuencias da ineptitude política téntense paliar a través excentricidades de rango territorial.

O xiro ou cambio de modelo que se tenta impor supón un retroceso nos logros alcanzados, unha volta atrás na descentralización, e por iso, a súa perda de condición como administracións mais próximas ao cidadán, é un aspecto de todo punto inadmisible. A vitalidade e funcionalidade efectiva das entidades locais mais que modificar as variables do puzzle de composición, recomenda unha planificación ordenada con aproveitamento colectivo de medios e sinerxías dispoñibles, e sobre maneira, elevar a cualificación da súa conformación política como fórmula de fortalecemento da súa potencialidade executiva. A non ser, que optemos por exemplarizar a planta de reciclaxe e o matadoiro, promovidos no seu día pola Mancomunidade de Municipios da Ría de Ferrol, pois ao parecer, o novo modelo deseñado é o camiño que leva.

Te puede interesar