Contaminación no rio avia

Despois dun longo percorrido polo rio Avia na localidade de Leiro quedo completamente atónito ante a mortandade de peixes que se observa neste citado rio
Mércores pola tarde, dispoñome a pescar como dende moitos anos levo facendo pola ribeira do avia, con certa resignación, dado que ó contemplar a paisaxe calqueira queda desolado.
Unha escuma impregna por completo o rio avia, de camiño observo con resignación como aparecen ante min unha gran variedade de peixes mortos, dende logo a paisaxe non pode ser máis desoladora: árbores no medio do rio, que impiden por completo a visibilidade e ocultan a fauna desta paraxe.

Despois dun longo tempo de intentos sen fortuna, atópome con veciños do pobo que claman por que se faga algo neste rio, contando innumerables casos de mortandade de peixes pola ribeira do avia.

Ante tal acontecemento solo me queda pedir que por favor alguén mostre algo de preocupación e interese por levar a cabo unha limpeza do rio avia.

É unha pena que un lugar tan fermoso como Leiro non saiba explotar un rio como o que ten, en fin esperemos que co paso do tempo nos demos conta do que realmente temos.

Te puede interesar