Cronista local | Poucas luces no barrio do Couto

Na rúa Francisco Asorey, no cruce con Cándido Fernández Mazas, no barrio do Couto, carecemos de moita luz, eléctrica. Se xa as “farolas” das terrazas dalgúns edificios non funcionan desde fai tempo (unhas si acenden co alumado público e outras non e non as arranxan), agora unimos a que as “farolas” na rúa tampouco funcionan, e iso que a foto, feita ás 6 da mañá, di máis luz da que realmente había/hai.

Non sei a que espera o Concello para arranxar estes problemas, xunto coas luces das terrazas dos edificios que fan que aumente a inseguridade.

Te puede interesar