As empresas no abismo

Culto aos mercados
A sísmica do terremoto causado pola especulativa dos mercados financeiros, tiña producido unha catástrofe inédita, por canto, sen afectar á estabilidade do construído, si prexudicou os seus activos de investimento, paralizou o desenvolvemento da actividade e destruíu centos de miles de empregos.

Incrible, pero a pesar da súa manifesta opacidade, eles van de estrelas. Ao parecer a negación da clase política é inusitada, tal é así, que mentres se desmorona o tecido empresarial, en tanto a inactividade estremece aos sectores produtivos, as súas señorías, no canto de centrarse no problema e tomar cartas no asunto, derivan pola tanxente empeñándose en interpretar a sinfonía dos mercados como única partitura de solución, acolléndose dese modo, a esa estupidez recorrente que outorga á fluidez do crédito propiedades milagreiras, ou o que é o mesmo, a condición de panacea de todos os males. Pois si que imos ben..!

A clase política segue ensimesmada na abstracción, ou o que é peor, nega todo rigor á etimoloxía dos feitos, Mostra diso, é o recoñecemento dominante á presión financeira en detrimento da hexemonía produtiva, un inexplicable despropósito, cuxo obxectivo non é outro, que seguir facilitando o triunfo da economía especulativa sobre a economía real. Curiosa fórmula reactivadora!
.
Mentres aspectos como a débeda soberana ou a prima de risco, levan a palma no ranking da preocupación da familia política, para eles, resulta anecdótico, que una de cada tres empresas pechasen desde a orixe da crise, é dicir, ao parecer non toma sensibilidade destacada, que 500.000 negocios (200.000 PEMES e 300.000 AUTÓNOMOS) tivesen que saír forzadas do circuíto mercantil.

Certamente, a limitación de crédito ou a morosidade puido influír na causa da tendencia, pero a razón promotora desta caída desproporcionada, hai que localizala, na debilidade do propio sistema produtivo, caracterizado por notorios desequilibrios na súa estrutura intersectorial, influída polo insensato empuxe dos mercados. Iso fixo que cando a construción como sector dominante entrou en declive por efecto de atomización, arrastrase no seu esborralle ao conxunto de empresas de actividades afíns, vinculadas e dependentes.
A sísmica do terremoto causado pola especulativa dos mercados financeiros, tiña producido unha catástrofe inédita, por canto, sen afectar á estabilidade do construído, si prexudicou os seus activos de investimento, paralizou o desenvolvemento da actividade e destruíu centos de miles de empregos. Sendo os seus efectos colaterais o factor causante da crise sistémica, e concluinte, da ineficacia do actual modelo económico.

Por mais nostalxia que teñamos daquela ilusión na que España era a oitava potencia económica mundial , a realidade non admite fantasía. Agora o real é que temos entrado nun cambio de ciclo, e esta circunstancia, determina, que por mais medidas financeiras que se tomen non existirá transformación efectiva nin saída da crise, se tales medidas, non veñen precedidas dun ordenamento e reaxuste previo dos segmentos produtivos que racionalicen a súa estrutura e dinamicen a súa funcionalidade operativa.

As variables habidas desde o ano 80 no porcentual da Estrutura do PIB por sectores económicos, reforzan o argumento exposto, e así, analizando a mutabilidad do período dos distintos segmentos produtivos, o contraste fala por se só. O sector servizos converteuse nun refuxio de aparente fortaleza, e o seu ascenso na etapa, pasou desde o 56,5% ao actual 71,2%, notorio incremento, pero exposto a variables pola súa forte dependencia intersectorial.
A industria co seu actual 16,9%, cae desde o 23%, debido á desfeita de actividades estratéxicas como a siderurxia ou o naval. O sector agrario perde a súa participación relativa no produto total ao descender desde o 7% ao 3,1%, maiormente polo seu axuste ás directivas europeas, por último, a pesar da súa caída, a construción segue achegando ao PIB a 9,2% contía aínda superior ao 7,9 % da súa orixe referente , pero inferior ao 11,6% do seu repunte máis álxido.

A forza dos datos non deixa lugar á ambigüidade, quedando probado que con esta mestura sectorial, e as actuais políticas do goberno de Rajoy, a resurrección empresarial do país antóllase canto menos imposible. Aínda por riba, para maior inconveniente evádese o fundamental en todo axuste diversificador, que pasa inescusablemente pola formación e especialización integrada, por ser a cualificación do capital humano, a mais eficaz ferramenta de reconversión e a clave inequívoca para articular unha nova orde empresarial, como tamén, a única solución para facilitar no novo contexto, a recolocación dos excedentes de sectores esgotados e a integración laboral dos demandantes do primeiro emprego.

Mentres aquí as empresas precipítanse ao abismo, o PIB per cápita decae máis aló da media europea e a taxa de paro mantén o seu índice en ascenso, a clase política, evita calquera intervención allea á guerra dos mercados. A cousa promete!

Te puede interesar