OS LEÓNS DO CONGRESO

Barquiños de papel
Os acordos subscritos no 2004 entre o Goberno español e a UE, non tiveron outra finalidade que restrinxir a capacidade produtiva do sector naval xenuíno, e o seu negativo alcance, supuxo a desaparición como tal da actividade civil nunha factoría que como Astano, fóra creada e deseñada expresamente para ese fin. Por iso a súa pervivencia, parte do dereito do estaleiro a recuperar o seu espazo vital dentro da construción naval convencional, obxectivo, onde a cuestión política segue sendo a principal baza a xogar, por máis que as súa
Unha das máximas do singular marxismo de Groucho, sostén que a política é a arte de buscar problemas, facer un diagnóstico falso e aplicar despois os remedios equivocados. Sen dúbida, que neste noroeste naval que é Ferrolterra, este adagio garda fiel paralelismo coa práctica cotiá utilizada polos membros dese colectivo gremial, que tras unha credencial electoral, cren ter conferidas atribucións para versionar á seu antollo os límites e o alcance da democracia.

Así, mentres as gradas do estaleiro non soportan quilla algunha e na carteira de pedidos non asoma contratación, os de sempre, o séquito das súas señorías, no canto de tomar cumprida razón desta situación extrema e proceder en consecuencia, por aquilo de non perder a alianza co inaudito, esta semana co sarcasmo da efervescencia do entroido, en sede parlamentaria deron unha volta de rosca ao disparate elemental.

Exhibindo unha absoluta irresponsabilidade e escasa sensibilidade sobre o futuro das familias afectadas e as graves repercusións derivadas, eles, instalados nesa vantaxosa estabilidade que reporta a garantía de dependencia do erario público, nun absurdo arrebato de inmadurez protagonista, encerelláronse nunha guerra de friccións entre emendas e transaccións como camuflaxe para consumar unha nova estafa a esta comarca, facendo que a inviabilidade do consenso fose o resorte para que o pleno cameral rexeitase o impulso ás accións de reflote da factoría naval por xustificada urxencia.

Estes desmáns ademais dunha afronta a esta comarca, pon de relevo a propensión dunha clase política desprestixiada , a quen, o seu propio ego e o individual culto ás siglas de pertenza, pódenlles máis que os dereitos inalienables dunha comarca, á que, inhabilitaron o seu futuro co auxilio colaborador dun sindicalismo degradado e a contribución dalgún alcalde acólito , e todo isto, para atoparnos peor que de orixe e cando os fillos da reconversión, coa súa trintena ao lombo ven como o seu incerto futuro toma idéntico camiño que o dos seus pais.

Todo orienta a pensar que a pesar das circunstancias extremas que padece o sector, cunha ocupación en proceso de extinción e sen expectativas de futuro, non existe nin vontade política, nin interese algún por parte do pleno do Congreso, para afrontar de forma inmediata a apertura de negociacións ante a UE, encamiñadas a deixar sen efecto o contido dos acordos de 2004, para unha vez liberados das restricións do veto tomar acceso de concorrencia ao mercado de contratación naval convencional como única alternativa viable para frear o incerto futuro do sector de persistir a actual tesitura.

Esta forma de destilar responsabilidades faltando a compromisos contraídos, é propio da desvergoña habitual desta cuadrilla de incongruentes, e como botón de mostra, non hai mais que traer a actualidade a falsidade utilizada por aquel que o fose, presidente do anterior Executivo, que despois de manifestar na solemnidade do Congreso estar disposto a abrir unha fronte de dialogo coa Comisión Europea para renegociar os acordos do sector naval e posibilitar a recuperación da actividade civil na antiga factoría do sur da Ría, esgotou o seu mandato sen tan sequera cursar trámite algún do seu contraído, é dicir, todo un espello de informalidade e descrédito.

Pois á vista dos acontecementos todo apunta a concluír que estamos a ser testemuñas involuntarias, da formalización dun traspaso de indecencia, e así, os onte autores e artífices do veto hoxe con toda naturalidade mudan a opositores e viceversa. Este degradante espectáculo protagonizado polo conxunto das súas señorías, é a antítese do tolerable , pois cando o guión esixía pór remedio ao futuro do sector naval con total e uniformada determinación, os pais da patria, enfráscanse en absurdas polémicas, mais afastadas da sensatez que do surrealismo patético.

Metidos a excentricidades e á vista da deriva dos nosos dignatarios, non resultaría extravagante preguntarlle aos leóns do Congresodos Deputados, se teñen fixada a mirada en dirección contraria ao acceso por imperativo do seu escultor, ou quizá, por evitar a vergoña que lles produciría ver pasar aos transeúntes parlamentarios . http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/

Te puede interesar