el cronista local

Ourense, a cidade das pintarraxadas

coche2

Sen dúbida ningunha, Ourense é a cidade das pintarraxadas. A cal máis horrenda. O casco histórico, despois dos cartos investidos na súa recuperación, volve ser a zona "lumpen" de antano grazas ao incivismo dunha parte da mocidade ourensá que, na súa inmensa ignorancia, non atopa mellor xeito de pasar o tempo: destrozando o noso patrimonio e historia. E o Concello a velas vir, sen facer nada. Seica non saben que hai unha imprimación que pode esparexer polas fachadas e que evita as pintadas. En Berlín xa o fixeron hai anos no monumento ao Holocausto. E velaí está, intacto. Non hai máis que buscalo no Google. Como exemplo, o enmerdamento dos pintamonas no Parque Miño.
 

Te puede interesar