OUTRA BURBULLA

El Ministro
É necesario non perder referencia da nosa historia financeira; debemos ter presente que os activos tóxicos foron consecuencia dos 'pelotazos urbanísticos' que por saturación expansiva, levaron á quebra a multitude de empresas e profesionais con excepción única das propias entidades bancarias.
É necesario non perder referencia da nosa historia financeira; debemos ter presente que os activos tóxicos foron consecuencia dos 'pelotazos urbanísticos' que por saturación expansiva, levaron á quebra a multitude de empresas e profesionais con excepción única das propias entidades bancarias.

A desconexión coa realidade é a característica dominante que preside a política económica do goberno de Rajoy, quen a pesar da negativa contundencia dos indicadores do sitema advertindo que se está seguindo un camiño incorrecto; no canto de variar de itinerario potenciando a economía real empéñase en manter a renda solta dos seus despropósitos, prolongando así o galope desbocado cara ao mundo virtual da especulativa financeira.

Claro que estando á fronte da carteira de economía Luís de Guindos, destacado membro do Consello Asesor de Lehman Brothers até a súa quebra no 2008, resulta obvio a dirección económica que toma o país, que non é outra, que a propia dos activistas especulativos, idéntica á utilizada no 2007 por quen en condición de alto executivo dedicábase a gardarlle as costas en Europa á cúpula de Lehman, e participaba desde o seu cargo na improcedente manobra da entidade bancaria de EEUU, que xusto antes da súa quebra, infectou ao circuíto interbancario da UE a través da inxección dos seus activos tóxicos - subprime; cuxa repercusión no marco europeo derivou na persistente crise do euro. Transcendencia que se fixo mais virulenta no noso país como consecuencia da súa alta exposición ao risco pola dimensión excedida do seu sector inmobiliario.

Pasados xa o cuarto aniversario do afundimento daquel xigante que arrastrou á economía mundial coa súa quebra, e cuxos efectos seguen causando estragos na actualidade, o ex - Lehman, posto á fronte do ministerio polo presidente Rajoy para sacar ao país da crise, no exercicio das súas funcións, non pense ninguén que articulase fórmula algunha para deter a sangría do peche de miles de empresas, cuxo efecto demoledor extermina a estrutura produtiva e o emprego. Como tampouco se imaxine ninguén, que establecese medidas paliativas para socorrer ás incontables familias que atravesan unha situación desesperada sen expectativas de futuro. Nada diso.

A este ministro e ao resto do goberno, despois de incumprir sen contemplacións as súas promesas electorais, curiosamente, é agora cando aparcaron a súa cara afable para mostrar o seu verdadeiro instinto político, que casualmente pon ao descuberto que a única crise que lles preocupa é exclusivamente a das entidsades financeiras, que dito de paso, o hoxe titular da carteira económica foi suxeito causante da súa xeración, cando a través de indolentes accións como alto executivo das finanzas dedicouse a estender as súas practicas de contaxio polo circuíto bancario.

Ao parecer daquelas prexudiciais implicacións de onte, nace a fluída conivencia que hoxe manteñen o Goberno do Partido Popular coa banca, en cuxa dinámica, as solucións á crise non veñen da man da clase política, senón que están impostas pola representación do universo bancario, que en definitiva é quen marca as pautas, quen impón as directivas , mentres o goberno de Rajoy tenta xustificar o seu papel de comparsa coa absurda carraca de que a solución radica en 'recuperar a confianza dos mercados financeiros'.

Ao parecer o propio de Guindos a pesar dos seus vínculos profesionais de outrora non lle é grato rememorar que en Estados Unidos permitiron a caída de Freddie Mac .Fannie Mae, Lehman Brothers como a aseguradora AIG, e que en razón a esa tallante decisión a súa economía soltou o lastre que lle impedía a reactivación. Pois neste país hase de aplicar idéntico método, e se teñen que caer bancos que caian; o incorrecto, é tentar reestruturar o sector aplicando mecanismos de uniformidade como táboa de salvación sen distingos de exclusión.

É necesario non perder referencia da nosa historia financeira; debemos ter presente que os activos tóxicos foron consecuencia dos 'pelotazos urbanísticos' que por saturación expansiva, levaron á quebra a multitude de empresas e profesionais con excepción única das propias entidades bancarias. Por iso resulta un contrasenso a decisión do goberno en limpar a inmundicia de quen non soubo manter a hixiene na súa operativa mercantil, e ao final decida instaurar o banco malo con diñeiro público. Un dispositivo creado co propósito de desinfectar as entidades financeiras inviables, ao só efecto de adquirir os seus activos tóxicos para liberalas de impedimento e lograr que así volvan dar crédito.

Unha solución totalmente disparatada por canto a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb), que así se chama a nova montaxe con participación estatal, sufragará a adquisición do paquete inmobiliario aos bancos crebados, emitindo débeda pública avalada polo Estado. Débeda que os bancos receptores poderán levar ao portelo do BCE e obter liquidez.

Por tanto, a fórmula elixida non fará máis que agravar a situación, pois a tipoloxía da débeda con fianza estatal empeorará a saúde financeira do Estado, acentuando asemade as cargas sobre os contribuíntes que terán de asumir a repercusión das mais que seguras perdas. Resultando igualmente unha operación contraproducente, por canto con esa formulación non se conseguirá recuperar a capacidade de crédito, e obviamente hase de concluír que sen investimento a nosa economía chegará até o abatemento para rematar morrendo

Te puede interesar