Ponte Freixo segue igual que en 2016

fotodenuncSSias_27-04-2018_3

En febreiro do 2016 publicaba nesta mesma sección unha crítica de como estaba o Ponte Freixo. Un monumento histórico que na metade da ponte, dos dous lados, sufriu a desaparición da "defensa provisional". Un completo abandono do noso patrimonio, e moi perigoso para os nenos.  Mais de dous anos despois, a fotografía amosa o mesmo lugar. Sen cambios. Segue vixente entón o comentario de fai dous anos, porque neste tempo nada se fixo. Agora, en caso de acontecer algunha desgracia, quen sería o responsable?

Te puede interesar