Impartido por Manane Rodríguez

TALLER ACTUACIÓN FRONTE Á CÁMARA (Inclúe realización VIDEOBOOK )

'Un actor que debe actuar ante unha cámara, debe coñecer de antemán que é o que a cámara respeta ou ignora, porque nese coñecemento vai o resultado do seu traballo. O rostro e a mirada, os xestos que o actor ofrece son recollidos dun modo peculiar pola cámara, e o actor ten que descubrir e familiarizarse con ese modo, para saber como a súa imaxe vai chegar ós demais, para saber polo tanto que é o que pode dar de si' ( Manane Rodríguez )

¡ABRAN PASO! TEATRO está a organizar para os vindeiros 29 e 30 de Maio na Casa da Xuventude de Ourense, e encadrado dentro das actividades do Maio Xove, un “TALLER DE INTERPRETACIÓN FRONTE Á CÁMARA” impartido pola productora, guionista e directora de cine e televisión Manane Rodríguez.

O taller será eminentemente práctico. Uns días antes repartiranse entre tódolos participantes as esceas coas que se traballará e sobre as que se realizarán diversos exercicios exemplares. Exploraranse distintos tons que posibilitan as propostas e faranse análeses posteriores sobre as prácticas realizadas.

Ó termo do taller o grupo audiovisual DELATOUTE PRODUCCIÓNS encargarase da realización dun VIDEOBOOK para tódolos participantes que estén interesados.

Manane Rodríguez funda en 1994 xunto con Xavier Bermúdez a productora Xamalú Filmes. Da sua traxectoria profesional cabe destacar as longametraxes: “Retrato De Muller Con Home Ó Fondo” co que consegue o Premio Opera Prima no Festival de Peñíscola. Cos “Pasos Perdidos” obtén o Premio Especial Cinespaña no Festival de Toulouse e a Targa de Plata e o Premio do Público no Festival de Cine De Turín. As súas actrices protagonistas tiveron nas dúas ocasións importantes nominacións: Paulina Gálvez ó Goya Revelación 1998, e Irene Visedo á mellor actriz protagonista do ano nos Premios Cóndor en Arxentina, 2001.

DATAS: 29 e 30 Maio en horario intensivo de mañá e tarde

LUGAR: Casa da Xuventude de Ourense

INCRIPCIÓN: Secretaría da Casa da Xuventude de Ourense ata o 12 Maio ou ata cubrir plazas

Te puede interesar