CITA GASTRONÓMICA

A 23 Festa da Cachucha prepara tres mil racións

uploaded_liboria_result
photo_camera A murga Os Liborianos participará na Festa da Cachucha.

Para hoxe está prevista unha nova Ruta das Tapas dedicada a cachucha, que se poderá degustar nos 15 establecementos adheridos a esta iniciativa

Os 25 restaurantes e mesóns  do Carballiño que participan na Festa da Cachucha, prevista para o próximo domingo, calculan que ao longo do día servirán máis de  3.000 racións de cachucha. A día de hoxe, nalgúns destes locais xa se colgou o cartel de “completo”, polo que o Concello recomenda efectuar a correspondente reserva. Os menús oscilan entre os 12 e os 25 euros e a festa comezará ao mediodía co desfile de folións e comparsas: Comparsa Ciklón, Comparsa Os da Caña, Folión de Fradelo, Folión Arrieiros de Petín, Folión de Tameirón e Viticultores de Vilamarín, ademáis da murga carballiñesa Os Liborianos. 

Pola tarde, a partir das 18,00 horas, haberá o segundo desfile con folións e comparsas, entre elas a de Parada de Amoeiro, e as cinco gañadoras do pasado martes de Entroido. En total, 14 agrupacións con máis de 500 persoas desfilando polas rúas principais da vila.

Como anticipo, para hoxe está prevista unha nova Ruta das Tapas dedicada a cachucha, que se poderá degustar nos 15 establecementos adheridos a esta iniciativa. 

Te puede interesar