A Academia da Lingua decide hoxe sobre o termo "pulpo"

O pleno da Real Academia Galega decidirá hoxe se acepta o termo "pulpo" para incluir no diccionario. Un equipo de filólogos estudiou previamente a solicitude que fixo no pasado mes de decembro o Concello de Carballiño pero non acadou un consenso para que "pulpo" comparta espazo na lingüa galega coa xa recoñecida palabra polbo.
 

Os informes emitidos polos expertos da Academia e o que se presentou canda a solicitude o Concello do Carballiño, realizado polo Centro de Estudos Carballiñeses, serán abordados neste plenario, que se encargará de tomar una decisión,que porá punto final á polémica que xerou a devandita solicitude.

Te puede interesar