Adxudicada a urbanización do centro castrexo de San Amaro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria adxudicou as obras de urbanización do contorno do Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de San Cibrao de Lás, no Concello de San Amaro. Esta intervención, que conta cun orzamento de 254.000 euros, está previsto que esté rematada, se non se producen retrasos, en setembro de 2013.
O proxecto inclúe a execución de gabias e redes de drenaxe, a retirada de elementos existentes (bancos e mesas) e a pavimentación da zona do acceso de servizo, á terraza da cafetería e ao castro. A continuación executaranse valados de peche da fronte da parcela, incluíndo o peche principal, a porta de acceso rodado, a porta de acceso peonil e os peches con enreixado metálico. Ademáis, instalaranse luminarias exteriores para o alumeado do percorrido de acceso ao castro e remplazaranse as tullas existentes por outras plantas co obxectivo de recuperar o aspecto orixinal desa área.

Con vistas a poñer en funcionamento o centro no segundo trimestre deste ano a Consellería ofreceulleo ó Concello a posibilidade de que asumira a xestión e explotación do complexo mediante a sinatura dun convenio, que, co obxectivo de garantir a súa viabilidade, iría acompañada dunha subvención reguladora por parte da Xunta.

A corporación declinou a oferta de xestión municipalizada, polo que se prevé facer unha concesión que sairá a concurso público.

Te puede interesar