A Agrupación Avantar pon en marcha un Club de Lectura

A Agrupación Cultural Avantar do Carballiño promove un Club de Lectura para cantas persoas queiran participar. 

A actividade desenvólvese o último sábado de cada mes e durante a reunión faise unha proposta para a lectura dun libro, para facer unha análise do autor da obra e expresar as ideas e opinións sobre os textos escollidos. 

Segundo sinalan os responsables da iniciatica, “en ocasións, de poder ser, convidaremos ao autor, tradutor ou critico literario”. 

Dadas as características da actividade, estimase como límite de asistentes un máximo de 20 persoas, que se irán anotando por orde de solicitude.

Os encontros teñen lugar nas instalacións do Casino Recreativo e Cultural do Carballiño, entre as 12,00 e as 13,00 horas, tras poñerse en marcha o Club de Lectura o pasado 26 de febreiro.

Te puede interesar