A Agrupación Cultural Avantar intensifica a súa actividade

A Agrupación Cultural Avantar organiza para o próximo domingo, 14 de maio, a presentación do libro “ O Espertar tamén é noso”, contando coa presenza de Remedios Forneiro e César Varela. A actividade complétase cunha lectura de poemas e a música en directo a cargo de Andrés Fernández. Será ás 12,30 horas, na cafetería Luscofusco, na rúa Tomás María Mosquera.

A Agrupación Avantar tamén ten programado para os días 24 e 25 de maio o Roteiro Manuel María, con saída da Veracruz, ás 11,00 horas. Participarán nenos de distintos centros educativos da vila.

Para finalizar o mes, o día 27, a entidade ten previsto un encontro do Clube de Lectura, ás 12,00 horas, no Casino do Carballiño.

Avantar comezou as súa programación deste mes de maio o pasado día 4 cun debate sobre “O galego no século XXI. Hai futuro?”, con  Marcos Maceiras, Óscar Gonfer e Marta García.

Te puede interesar