PROMOCIÓN TURÍSTICA

O alcalde promociona a Festa do Pulpo en Lleida

Francisco Fumega e o concelleiro de Turismo participan nas Xornadas da Federación de casas rexionais

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal, viaxarán esta fin de semana a Cataluña para asistir a un acto de promoción da LV Festa do Pulpo no Centro Galego de Lleida. Así mesmo, terán unha recepción no concello desta cidade catalana. Ambos eventos terán lugar o próximo luns e enmárcanse no contexto da celebración das Xornadas Culturáis Federación Casas Rexionais que coincide co XXXV Aniversario da Federación de Casas e Centros Rexionales de Lleida.

A visita prodúcese por invitación da directiva do Centro Galego de Lleida, presidida por Xosé Terceiro Folgar. Esta entidade foi fundada no ano 1977 e conta na actualidade con máis de 700 socios, na súa maioría galegos. A entidade tamén celebra cada ano a súa propia Festa do Polbo, que vai xa pola 19 edición.

Dentro das Xornadas Culturais un dos actos previstos e anunciados ten que ver coa promoción da Festa do Pulpo do Carballiño, e por iso tanto o alcalde como o concelleiro de Turismo recibiron unha invitación para disertar sobre este evento festivo.

Te puede interesar