Alternativa Veciñal reclama ao Concello de Carballiño desratizar as súas rúas

A rúa dos Carboeiros é unha das afectadas, segundo Alternativa Veciñal.
photo_camera A rúa dos Carboeiros é unha das afectadas, segundo Alternativa Veciñal.

O grupo Alternativa Veciñal, que nesta etapa municipal non logrou representación na Corporación do Carballiño, presentou un requirimento no concello reclamando de maneira urxente que quite a concurso un contrato de desratización (antipragas) para as rúas da vila. Ao mesmo tempo pide que se faga unha diagnose "de maneira adecuada ao tempo que se toman as medidas precisas para a erradicación dos roedores das nosas rúas dependendo do nivel de infestación que poida haber nas distintas zonas do Carballiño", puntualiza esta formación.

E engade que "de non tomar cartas no asunto o grupo de goberno de maneira urxente, dende Alternativa Veciñal poremos en coñecemento da Consellería de Sanidade a situación de insalubridade e desamparo da veciñanza". 

Alternativa Veciñal refírese a existencia de roedores en rúas como Costa Rica, Cornuval, Chile, Carboeiros, Maside ou na avenida de Pontevedra, entroutras, segundo sinala, nas que os veciños se queixan. A orixe dos roedores non é exclusivamente do alcantarillado senón que en moitos casos proceden de fincas con maleza.

Te puede interesar