COMUNICACIÓN

Alternativa Veciñal solicita que se reabra a emisora municipal

O grupo Alternativa Veciñal (AV) voltou a solicitar a reapertura de "Arenteiro Dixital", a emisora de radio municipal do Carballiño

O grupo Alternativa Veciñal  (AV) voltou a solicitar a reapertura de "Arenteiro Dixital", a emisora de radio municipal do Carballiño, coma canle pública e escaparate das actividades culturais e educativas da vila do Arenteiro. O voceiro de AV, Bernardo García, lembra que na sesión plenaria celebrada o pasado 7 de abril, debatiuse unha moción do seu grupo nese sentido, e que concluíu coa aprobación, co apoio do grupo de goberno e do propoñente , de “facer un estudo de viabilidade económica de apertura da emisora municipal e modelo de xestión da mesma". O concelleiro engade que "neste caso, como ven sendo habitual noutros moitos, o equipo de goberno municipal meteu no caixón do esquecemento os papeis esperando que a cousa quedase asi".

E, en vista do escaso interés, según García, amosado por dito equipo neste tema, Alternativa Veciñal fixo unha valoración económica dos custes da posta en marcha da emisora. Así , para o capítulo de personal calculan 40.000 euros, tendo en conta que o Concello xa dispón de dúas personas (director e técnico de son), mentres que como sede da emisora apuntan a calquera dos locales municipais en desuso ou infrautilizados. Polo tanto, García conclúe que a reapertura da radio "non tería gastos extras para as arcas municipais". 

Te puede interesar