So o primeiro día non se superaron as 200 persoas por coincidir co partido da selección española contra Arxentina

O alto nivel das obras representadas satisface ós promotores da mostra

O público encheu o auditorio para acudir á última representación do festival. (Foto: MARTIÑO PINAL)
A directora do Festival de Teatro Galego do Carballiño, Josi Lage, manifestaba onte a súa satisfacción pola asistencia de público ás distintas representacións e tamén polo puntuación tan alta que os espectadores diron ós espectáculos, o que demostra, segundo apuntou, 'que hai moito nivel'. Inaugurouse o evento coa asistencia de 200 persoas, circunstancia que achaca a organización a que coincidiu en horario co partido de fútbol da Selección española contra Argentina, xa que ó día seguinte sumaron 270 espectadores, oque foi considerado como un importante éxito.
Nese senso, a concelleira de Cultura, Asunción Rivero, coincidía coa directora do Festival, en que 'sei o difícil que é mover á xente ata un acto cultural, e cando vexo o multifuncional cheo é moi gratificante, pensando que o Concello está colaborando co festival'.

Josi Lage facía o balance onte, acompañada de Josito Porto, actor de cine, televisión e teatro. Entre moitos dos seus méritos, figuran dous premios María Casares y varias nominacións. Este profesional da escena será o encargado de presentar a quinta Gala Premios Fetega, prevista para hoxe, ás 22 horas, no multifuncional. 'Intentarei que sexa unha gala dinámica, que se centre nos premiados, e intentarei que o público pase un momento divertido', apuntou Josito Porto, quen engadiu que haberá algunhas sorpresas e tamén se contará coa actuación do bailarín argentino Marco González.

Vicente Montoto, que recibirá o segundo premio honorífico concedido polo festival (o ano pasado fora Xulio Lago), en recoñecemento a súa traxectoria profesional como actor, director e autor, tamén visitou onte o Carballiño. Este veciño de Untes apuntou que 'a xente do teatro é moi presumida e por iso valoramos os premios, pero o galardón fundamental o recibimos cando temos traballo'.

Te puede interesar