Onte arrancou o primeiro Festival Internacional dentro do Xacobeo, que reúne durante tres días a 11 agrupacións

Os amantes das orquestras teñen unha cita este fin de semana en Cea

Baltar Blaco, Feijóo, Varela y Baltar.
O primeiro Festival Internacional de Orquestras de Galicia (FIOU), organizado polo Xacobeo 2010 en colaboración co Concello de Cea e a Deputación de Ourense, arrancou onte na Praza Maior da localidade de Cea, que se transformou nun gran escenario para a actuación de 11 orquestras de diversos países ó longo deste fin de semana, desde o mediodía ata o amencer.
Trátase dun pioneiro festival que combina o espírito das festas populares co formato dos grandes macroeventos musicais contemporáneos e que contou para a súa inauguración coa presencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; co conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela; o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad; o presidente da Diputación, José Luis Baltar, e co xerente da S.A. de xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, entre outras autoridades.

Ademais dalgunhas das mellores orquestras galegas, como Sintonía de Vigo, Olympus ou Philadelphia, haberá formacións latinas como os Billo?s Caracas Boys ou Los Melódicos, con cancións que levan décadas no repertorio das verbenas galegas. Participarán tamén bandas de Francia e o Magreb, Estados Unidos e Sicilia.

Núñez Feijóo destacou a descentralización de actividades neste Xacobeo e manifestou o desexo de que este festival sea un éxito, 'hai 4.500 persoas que viven en Galicia da música', apuntou. Asemade, sinalou que as previsións do Xacobeo estanse cumplindo, xa que 2,7 millóns de persoas participaron nos actos e 4 millóns visitaron a estas alturas do ano Galicia, o que supón un 12% máis de visitantes ca no 2009 e un 7% máis ca no Xacobeo anterior.

O presidente rematou decindo que as orquestras tiñan que estar incluidas nesta programación porque 'nos ensinaron música e a bailar'. Tras o pregón do cantante Sito Sedes iniciouse a festa cos 'Melódicos'. Hoxe actuarán, entre outras, Sintonía de Vigo, a partir das 13.40 horas; Billo`s Caracas Boys (Venezuela), ás 20 horas; Orcheste Nacional de Barbes (Francia/Magreb), ás 23.30 e Armonía Show (Canarias), ás 01,00 horas.

Te puede interesar