Antonio Durán 'Morris' recibe hoxe a Xociviga de Honra 2011

As Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia 2011 inauguranse hoxe con unha gala no auditorio, ás 23,00 horas, na que se proxectará 'Doentes', que protagonizan os actores Xosé Manuel Oliveira 'Pico' e Antonio Durán 'Morris', que recibirá a Xociviga de Honra 2011. Anbolos dous estarán presentes xunto co director da película, Gustavo Balza.
Previamente, ás 17,00 horas, empezarán as proxeccións coa primeira película infantil, 'Ga-Hoole', na Casa da Cultura, e co documental 'O meu nome é Luís Ferreiro', ás 20,00 horas, contando coa presenza do director, Roi Cagiao, o protagonista do mesmo, Luis Ferreiro, militante antifranquista, e o profesor Xesús Alonso Montero. A programación da casa da cultura pecharase ás 23,00 horas con 'Del poder', documental que narra os sucesos acaecidos en Xénova no 2001.

No auditorio está previsto ás 18,00 horas a producción francesa 'Micmacs', do director de 'Delicatessen' e 'Amelie', Jean-Pierre Jeunet e ás 20,00 horas a última de Woddy Allen, 'Medianoite en París', rematando a xornada coa gala.

Te puede interesar