OBRAS

Arranxo do paso de peóns da rúa Conde Vallellano

uploaded_conde_result
photo_camera Rúa cortada para asfaltar o tramo do paso de peóns de Conde Vallellano.

Está previsto que rematen as obras este venres, polo que o sábado, 6 de agosto, xa se poderá circular con normalidade por esta zona.

A rúa Conde Vallellano do Carballiño está cortada ao tráfico desde onte para levar a cabo as obras de asfaltado no tramo de confluencia coa rúas peonís de Curros Enríquez e Rosalía de Castro, onde se produciu a rotura e levantamento das pedras do firme. O corte é na confluencia coa rúa Aldara e a rotonda da Alameda. Os conductores deberán usar, polo tanto, as vías alternativas das rúas Aldara, Julio Rodríguez Soto e Martínez Avellanosa.

Esta situación mantense durante dous días, estando previsto que rematen as obras este venres, polo que o sábado, 6 de agosto, xa se poderá circular con normalidade por esta zona.

O concello do Carballiño e, específicamente, a concellería de Seguridade de Tráfico piden disculpas aos conductores e peóns polas molestias causadas, pero trátase dun traballo absolutamente impresicindible par resolver o grave problema creado a raíz do levantamento das pedras colocadas hai anos neste tramo para dar continuidade ás rúas peonís de Rosalía de Castro e Curros Enríquez.

Te puede interesar