Arte, poesía e música celebran o Día do Libro

A Insua dos Poetas xa conta coa primeira Galería da Literatura Galega

O Día do Libro celebrouse onte na Insua dos Poetas, onde os asistentes disfrutaron coa poesía, a música, admiraron as artes e degustaron produtos da Marca O Irixo. A tarde desapacible obrigou aos organizadores da Fundación Insua dos Poetas a instalar unha carpa baixo a que se desenvolveron os actos.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañado polo delegado territorial en Ourense, Gabriel Alén, destacou que neste día especial tiña lugar tamén a primeira homenaxe a Arcadio López-Casanova das moitas que se organizarán ao longo do ano. Tamén eloxiou “os fabulos murais”, que inauguraron a primeira Galería da Literatura Galega e dos que son autores os artistas Mon Devane, Diego As e Lidia Cao, que plasmaron os rostros de Vicente Risco, Ramón Cabanillas e Castelao. 

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, falou en nome dos rexidores presentes: Manuel Cerdeira, do Irixo; e Patricia Torres, de Boborás, e referiuse ás “tres grandes obras que van a quedar aquí nesta comarca”, ao mesmo tempo que agradecía o “empuxe” que está dando o presidente da fundación, Luis González Tosar, á Insua dos Poetas, que está logrando “un parque escultórico ao aire libre dos máis grandes da península Ibérica”, e conseguindo coas actividades que se organizan que “o Carballiño se poña no mapa da cultura galega”.

En representación da Diputación de Ourense estivo o vicepresidente, César Fernández, que sinalaba este paraxe como “un espazo da palabra e da liberdade, dun valor artístico inigualable”

Luis González Tosar apuntaba que “o libro é o símbolo máis evidente de todas as culturas” e insistía na importancia deste encontro no que se honra e se contemplan as obras dos artistas que inauguran a galería “que iremos completando ata facer unha gran mostra”. O secretario da fundación, Xabier Castro, recitaba a continuación catro poemas de Arcadio López-Casanova, dando paso seguidamente á actuación de Xisco Feijóo e grupo.

Te puede interesar