O asfaltado da rúa Alexandre Bóveda obliga a pechala ó tráfico

O pasado venres, o concelleiro do BNG e responsábel do departamento de Obras e Urbanismo, Manuel Amil, realizou unha visita ás obras que se están a executar no entorno da igrexa da Veracruz, no futuro Museo do Papel e na rúa Alexandre Bóveda.
Con respecto a esta última informou de que o vindeiro luns se procederá ao asfaltado da mesma polo que 'durante tres días os veciños e veciñas non poderán usar os seus garaxes', indicou o nacionalista ManuelAmil, pedindo “comprensión e paciencia a tódolos afectados polas incomodidades que toda obra lóxicamente representa'.

Te puede interesar