Unha asociación tenta recuperar cantigas e contos populares na comarca carballiñesa

Un fato de xóvenes do Carballiño decidiu crear unha asociación para a recuperación da tradición oral dos antergos, ó traverso da promoción dos ‘seráns’ ou ‘fiadeiros’ en diferentes localidades. O primeiro deles está previsto para o vindeiro sábado 2 de maio no pavillón polideportivo de Boborás, coa colaboración da Concellería de Cultura, Turismo e Medio Ambiente.
A cita comezará ás sete da tarde coa interpretación de cantigas acompañadas por gaitas e percusión, e un relatorio de contos tradicionais da zona. Os asistentes a esta xornada, organizada pola Asociaciòn Cultural Serandeiros, poderán degustar ‘chourizos ó viño’, empanada e chocolate, ademais de participar no sorteo dun capón.

O presidente do colectivo, Xosé Manuel Álvarez, sinala que ‘este primeiro serán desenvolverase ata ben entrada a madrugada, e por iso tivemos a idea de poñer os pinchos para que o corpo aguante’. E lembra que ‘nos nacemos como asociación á finais do ano pasado, froito da paixón e ilusión que temos pola música e o baile tradicional’.

Te puede interesar