Beariz arranxa camiños e mellora a iluminación

O Concello de Beariz acometerá, dentro das obras de plans provinciais do pasado ano, o arranxo de camiños en Lebozán por importe de 33.000 euros e traballos de aforro enerxético en Alvite, cunha inversión de 15.000 euros. A Deputación provincial de Ourense procedeu á adxudicación das obras á empresa Cruzval. 

En Lebozán actuarase en dous camiños. Un deles parte da estrada comarcal e pasa polo interior do pobo. Este camiño dispón de pavimento executado a base de regos asfálticos, que se atopan moi deteriorados. O outro camiño é o de acceso ao barrio do Busto na mesma localidade.

En Alvite procederase á colocación de 3 unidades de columna para a instalación de luminarias en zonas oscuras e cambiarase a un sistema de aforro enerxético, sustituíndo 39 lámpadas existentes por outras tantas led, restaurando tamén os elementos deteriorados.

Te puede interesar