Beariz delimita dous castros para evitar a súa destrución
Arqueloxía
A Dirección de Patrimonio Cultural acaba de autorizar a intervención no xacemento de Garfián
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural autorizou ao arqueólogo Celso Hugo Barba Seara para realizar a actividade arqueolóxica denominada “Proxecto de control arqueolóxico dos traballos de roza e limpeza de vexetación, documentación e posta en valor de xacemento arqueolóxico do Castro de Garfián”, en Beariz. A intervención ten como obxecto principal evitar a destrución ou alteración dos restos arqueolóxicos que se atopan dentro do xacemento. O Concello aposta pola posta en valor destes e outros restos, tendo xa catalogados 23 mámoas, 3 castros e 16 petroglifos localizados en distintos lugares do municipio.
Esta iniciativa vense a sumar a que se está desenvolvendo no castro de Magros, tamén impulsada pola Xunta de Galicia, e coa que se persegue o mesmo obxectivo, “limpalos e delimitalos para evitar alteracións con maquinaria e así protexelos con vistas a futuras excavacións”, puntualiza o alcalde de Beariz, Manuel Prado.
O xacemento de Garfián está emprazado sobre un outeiro que ten na súa parte alta o recinto principal, a croa circular con aproximadamente 70 ou 80 metros de diámetro, e que está delimitado por un parapeto que destaca ao exterior cunha altura que oscila entre os 3 metros na zona sur, os 3 ou 4 metros nas zonas norte e leste e uns 5 metros no oeste.
Na zona sur hai 3 rochas próximas entre si nas que se observan un mínimo de 11 cazoletas, así como varias liñas alongadas (posibles serpentiformes), dous rebaixes rectangulares e 3 cruces gravadas.
Os traballos no Castro de Garfíán consistirán na limpeza con medios manuais para delimitar coa maior exactitud a extensión do xacemento. Posteriormente procederase a o levantamento topográfico e, finalmente, levarase a cabo a colocación dun cartel explicativo para facilitar a comprensión do xacemento ao visitante, que incluirá debuxos dos petroglifos situados nas rochas da croa.
O FOSO E MURALLA XA ESTÁN Á VISTA EN MAGROS
Martiño Xosé Vázquez Mato é o arqueólogo que dirixe os traballos no Castro de Magros, onde está a punto de rematar a limpeza dunha superficie de 8.000 metros cadrados. O experto sinala que o desbroce está deixando á vista “moitos metros de murallas”, sinalando que “é un xacemento moi importante”. Tamén se podera observar o foso, xa que se trata dun poblado fortificado, que podería datar de fai .2000 anos, ou tamén podería ser unha fortaleza medieval, segundo indica. Sinala que “estámonos topando cun circuito defensivo e unha vez limpo hai que facer unha prospección para fixar as datas, aínda que parece castrexa e tamén puido ter ocupación posterior”. O Concello de Beariz xa delimitou e procedeu a sinalizar a Mesa dos Bispos e a mámoa de Santo Domingo, estando prevista a de Liñares.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
8.000 NOCHES
Novo Rural crece y genera casi 800.000 euros en 2025
ROTEIRO MANUEL MARÍA
Avantar celebra as Letras Galegas cunha “Afroliada”
64 AÑOS DE HISTORIA
La Festa do Pulpo unirá Carballiño y Lanzarote
Lo último
Carlos Risco
COSAS QUE NO CONVIENEN
Coger lucha por los asuntos que se nos escapan
Antonio Casado
Días oscuros
MIRADORES DEL CAÑÓN DEL SIL
La provincia de Ourense, a vista de pájaro