O CARBALLIÑO

Beariz dota de novos servizos á aldea repoboada de Adrián

nova_aldea1_result
photo_camera Obras de abastecemento de auga potable realizadas na aldea de Adrián.

A localidade, que permaneceu abandonada durante anos, está habitada hoxe por catro veciños

  O núcleo de Adrián, que pertence á parroquia de Barcia do Seixo, en Beariz, ata hai poucos anos estaba deshabitado. Coa chegada de catro veciños que comezaron a facer inversión no lugar, rehabilitando e construíndo vivendas, fíxose preciso dotar ó núcleo dos servizos básicos de electricidade, alumeado público, recollida do lixo e máis recentemente de sumidoiros e abastecemento de auga potable. Así, o Concello de Beariz acaba de completar nestes días a dotación de todos estes servizos básicos para mellorar a calidade das dúas familias que alí se asentaron e, o mesmo tempo, facilitar a incorporación de novos veciños que poideran estar interesados.


Deste xeito, fíxose unha captación de auga de pequenos mananciais no monte comunal do lugar de Adrián que se xuntan nunha arqueta de reunión e logo dunha primeira decantación que a limpa de posibles arrastres. Abastecen un depósito regulador de 20.000 litros desde o que se distribúe a auga á rede do lugar. Tamén se conectou unha toma de incendios para que sirva coma dotación de emerxencia e as acometidas particulares.


Ó mesmo tempo realizouse a rede de saneamento mediante tuberías que conectan os domicilios coas fosas depuradoras. Estas fosas son suficientes para unha pequena poboación de ata 24 habitantes.


Para a realización das obras foi preciso a apertura de zanxas polos camiños do lugar, aproveitando este feito tamén se instalou unha tubaxe para a posterior instalación de iluminación pública na rúa. 
Coa posterior reposición dos camiños, que se fixo con formigón e zahorra, mellorou moito a accesibilidade ó núcleo e tamén a estética do entorno, permitindo agora a entrada de un pequeno vehículo ata o fondo do lugar, ata agora totalmente imposible, facilitando a chegada de servizos, entre eles o de valeirado das fosas de xeito periódico. Estas obras ascenderon a 50.000 euros, segundo sinalan as autoridade municipais, satisfeitas de contribuir á recuperación dun pobo.

Te puede interesar