Beariz suma dous novos parques biosaludables

O orzamento ascendeu á cantidade de 16.000 euros

Un convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Beariz permitiu a creación de pistas biosaudables en Doade e A Ermida. O orzamento ascendeu á cantidade de 16.000 euros, dos que a Secretaría Xeral para o Deporte aportou 12.800 e o Concello 3.200 euros.

En cada unha das localidades instaláronse unidades biosaudables de cintura, columpio, ascensor, rueda, esquí e patines.

Deste xeito, o Concello de Beariz pasa a dispor de parques biosaludables ademais non só en Doade e A Ermida, senón que xa ten estes parques para a práctica do exercicio físico en Beariz, Bouza e Magros, segundo apunta o alcalde, Manuel Prado. 

Na localidade de A Ermida, ademais da mencionada intervención, procedeuse tamén á colocación de catro mesas de pedra cos seus correspondentes bancos na contorna do centro social e á instalación dunha fonte pública de pedra na travesía deste núcleo do municipio de Beariz, para o disfrute dos veciños e visitantes.

Te puede interesar