Un belén ‘reivindicativo’ nunha parroquia de O Irixo

As familias de San Cosme de Cusanca, no municipio de O Irixo, elaboraron un belén no que están representados tódolos pobos desta parroquia, ‘co obxectivo de chamar a atención sobre o abandono do rural’. Os veciños reclaman, ademais, o arranxo da igrexa e máis misas para os rapaces.
As maquetas de edificacións das 22 aldeas que integran a parroquia de San Cosme de Cusanca configuran o belén deseñado na igrexa polas nais e os rapaces desta localidade do municipio de O Irixo.

As promotoras desta iniciativa sinalan que ‘o obxectivo é facer un chamamento sobre o abandono do rural galego, que coma é o caso de San Cosme está a perder poboación dende hai moitas décadas’. Por outra ban da, os veciños remitiron ó Obispado de Ourense unha carta na que solicitan o arranxo da igrexa parroquial, ‘onde temos goteiras e hai que estar limpando a auga do chan cada vez que chove’, comentan os afectados.

No escrito que enviaron ós responsables da Diócese ourensana, as familias de Cusanca tamén reclaman máis oficios relixiosos, ‘xa que so temos dúas misas e os nosos rapaces están na época de asistir á catequese para face-la Primeira Comunión, mentres o noso párroco ten que atender outras fegresías do Irixo’.

No comunicado, os veciños fan un repaso da historia das aldeas e a evolución demográfica da parroquia, unha das 12 que conforman o municipio e que na actualidade ronda o medio cento de habitantes, a pesares da súa ubicación perto do límite da provincia de Pontevedra.


Te puede interesar