O CARBALLIÑO

O Belén Vivente de Dacón celebra o domingo o seu 30 aniversario

O desexo dos organizadores é que asistan todas aquelas persoas que fixeron posible este Belén os últimos 30 anos

O Belén Vivente de Dacón celebra este Nadal os seus trinta anos, e, para esta tan especial celebración, xa comenzaron os preparativos dende a pasada fin de semana. A súa ubicación, unha vez máis, será na Carballeira da Garrida, e os máis novos xunto cos máis veteranos puxéronse mans á obra para que o 25 de decembro esté todo preparado para esta ocasión memorable.

Os organizadores queren que, aqueles que participaron nestes trinta anos, se poidan reunir para esta ocasión. En palabras deles: "los personajes principales ya están repartidos, los animales buscados y el trabajo medio hecho". O único que falta é que o día de Nadal, todos os veciños da comarca e xente de fóra acuda a ver o traballo que tan a gusto están a realizar os veciños do pobo.

Te puede interesar