INFRAESTRUCTURAS

O Bispado non ve ningún perigo na capela de Santa Rita de Armeses

mtp3351c

O bispado sinala que ningún informe fala de risco para os fieis e o alcalde  reclámalle que 
o certifique

O Bispado de Ourense afirma a través dun comunicado que "nin a Dirección Xeral de Patrimonio, nin a Delegación Episcopal de Patrimonio, nin o aparellador contratado polo Bispado para realizar a memoria técnica e levar a dirección de obra informaron de que a capela de Santa Rita de Armeses  ameazase perigo para os fieis".  Sae ao paso así das manifestacións do alcalde de Maside, Celso Fernández, que urxe a realización de obras para evitar o risco de desplome. O rexidor ratifícase en que precintará a capela para que non se celebre alí a Santa Rita.

O Bispado matiza que no ano 2014 o aparellador preparaba unha memoria técnica, informada favorablemente pola Dirección Xeral de Patrimonio e que contaba coa licenza de obra do Concello e que a día de hoxe estase a xestionar a súa renovación. "Desde o Bispado dispúxose todo para a realización das obras necesarias, chegando incluso a anticipar un pago de 6.050 euros, con data 29 de abril de 2015, a unha empresa proposta polos propios veciños, que non chegou a iniciar a obra, reintegrando dito importe". Agora, anuncia que levarán a cabo as obras da cuberta, que por causas alleas ao Bispado aínda non se fixeron.

O alcalde conta co informe do técnico municipal e sinala que "se considera que non hai perigo que presente unha certificación por escrito, porque varias empresas non quixeron facer a cuberta por medo ao desplome". 

Te puede interesar