O BNG carballiñés desconfía do recurso contra a suba do soldo a dous funcionarios

O grupo do BNG na Corporación do Carballiño solicita a comparecencia do equipo de goberno do Concello no recurso presentado por UXT contra a suba do soldo a dous funcionarios municipais. O incremento salarial está referido ós complementos específicos e foi tomado por acordo plenario o pasado 27 de marzo polos votos maioritarios dos nacionalistas e do PP, mentres o PSOE votou en contra.
Neste sentido, Bernardo García Novoa, voceiro do BNG na comisión de Persoal, sinala que ‘non se comprende a intencionalidade do susodito recurso, máxime cando no propio pleno se aprobaron subas cuantiosas a outros traballadores, entre elas do 461% ó oficial primeiro da brigada; 698% ó pión de instalacións deportivas e dun101% á conserxe encargada da limpeza’. O concelleiro nacionalista apunta, ó respecto, que ‘istes acordos non se mencionen para nada na reclamación da UXT’.

Defensa

Bernardo García engade que ‘o mesmo mutismo mantivo ese sindicato na Relación de postos de traballo (RPT) do 2007, cando o actual grupo de goberno, daquela con maioría, procedeu a un aumento liñal de 3.000 euros anuais ás responsables de Secretaría e Intervención’. O BNG solicita do alcalde do Carballiño, Carlos Montes,o nomeamento dun avogado para a defensa de dito acordo da Corporación, ‘xa que o pleno ten plenas competencias sobre os acordos relativos a Relación de Postos de Traballo’. O grupo de goberno rexeitou a suba ós dous funcionarios ó entender que era inxusta e discriminatoria cos seus compañeiros.


Te puede interesar