O BNG de Cenlle insta ao Concello a pedir un segundo médico

A Corporación de Cenlle aprobou unha proposta do BNG para que o Concello, a través do seu grupo de goberno, inste á Consellería de Sanidade e á Xunta de Galiza para que concedan un segundo médico para o municipio, abrindo ambos centros de saúde con horarios pertinentes e “de forma ininterrumpida como xa acontece noutros municipios de similares características e da mesma cor política”, sinala este grupo da oposición.

En Cenlle un só facultativo atende os dous centros de saúde existentes na capitalidade do municipio e en Barbantes. A alcaldesa, Rebeca Sotelo, sinalaba que se fará a solicitude, mentras os nacionalistas chaman a atención sobre a situación deste concello que “presenta serios problemas de mobilidade”, con dous grupos de poboación separados nos que “a única alternativa é moverse en coche particular posto que non existe ningún transporte público”.

Te puede interesar