O BNG explica en asamblea as negociacións dos orzamentos

Os militantes do BNG do Carballiño mantiveron onte unha asamblea na que a secretaria local, Áurea Francisco, e os tres compañeiros nacionalistas da Corporación explicaron o proceso negociador dos orzamentos municipais.
O consello local do BNG do Carballiño convocou ós seus militantes a unha asamblea na tarde de onte, na súa sede social da praza Irmáns Prieto. O obxectivo desta xuntanza, según comentou o voceiro nacionalista na Corporación, Manuel Amil, ‘foi ter un contacto cos nosos afiliados para explicarlles cal foi o proceso de negociación que levamos a cabo co alcalde, Carlos Montes, para tentar un achegamento encol dos orzamentos para iste ano’.

Nunha asamblea de hai dúas semanas, anterior ás reunións co grupo de goberno, decidiuse por ampla maioría rexeitar a proposta do PSOE por non ter cumprido os compromisos e acordos plenarios aprobados dende 2007. O voto dos catro edís do BNG e dos cinco ‘populares’ foron determinantes para rexeitar os orzamentos no pleno do pasado 14 de maio.


Te puede interesar