O BNG insta a ampliar o servizo local de conciliación

A portavoz do BNG do Carballiño, Sofía García, presentará ante o pleno unha moción para que se axilice a elaboración dun Plan municipal de conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Un plan que debe incluir, entre outros, un servizo de conciliación de mañá e tarde con comedor ao mediodía e un amplo programa anual de actividades para todas as idades, sinala. 

“Fai un ano xa aprobamos este mesmo acordo por iniciativa do BNG”, asegurando que nestes momentos “continuamos exactamente igual, cun contrato prorrogado e sen máis noticias dos novos pregos”.

Sofía García considera que “un dos factores que máis inflúe na falta de matriculacións de nenos e nenas nos colexios é a falta de servizos de conciliación”. Por iso, para evitar o peche de aulas, insta a ofrecer o maior número de servizos posibles e “un amplo servizo de conciliación”.

Te puede interesar