servizos

O BNG solicita unha zona para aparcar camións no Carballiño

Os nacionalistas xustifican esta proposta tendo en conta, según apuntan, "véñense recollendo diversas queixas dos veciños en relación ao estacionamento de camións dentro do casco urbán da vila"

O grupo municipal do BNG do Carballiño vén de presentar unha moción a fin de que a Concello tome as medidas que considere para buscar unha ubicación razoable para os camións que aparcan no casco urbán fóra do horario de carga e descarga. Os nacionalistas xustifican esta proposta tendo en conta, según apuntan, "véñense recollendo diversas queixas dos veciños en relación ao estacionamento de camións dentro do casco urbán da vila".

O BNG considera que "unha vila moderna, orientada ao turismo, cun parque empresarial específico que poidera ser precisamente o lugar axeitado para este tipo de aparcamentos, non debe permitir estas situacións". Concretamente, fan referencia á rúa Eladio Rodríguez, "na que semella estar institucionalizado o estacionamento de vehículos de gran tonelaxe", e que polo tanto debería prohibirse coa sinalización axeitada.

Te puede interesar