Boborás busca novas oportunidades de negocio

La Casa Consistorial del municipio de Boborás.
photo_camera La Casa Consistorial del municipio de Boborás.

O Concello de Boborás organiza para a veciñanza e para todas aquelas persoas interesadas unha xornada co fin de estudar e buscar novas oportunidades de negocio e emprendemento. Será o próximo 19 de abril, ás 16,00 horas e ata as 20,00 horas, no edificio social cultural “Manuel Chamoso Lamas”.

Ademais, para as persoas interesadas haberá tamén xornadas de atención individualizadas co obxectivo de tratar cada proxecto de maneira personalizada, orientando e buscando vías de subvención e axudas para encamiñar cada iniciativa.

Todo isto con carácter gratuíto e realizado por profesionais con experiencia, segundo informa a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres. 

A actividade “Boborás con futuro”, aposta por un municipio máis social e sostible, para o que expoñeranse diversas ideas no que persegue ser “unha xornada inspiradora”.

Te puede interesar