ciclismo

Boborás celebra a primeira BTT solidaria contra o cancro

A proba terá un percorrido de preto de 40 quilómetros que serán cronometrados e a saída será ás 9,30 horas diante do CEIP Nosa Señora de Xuvencos

O Concello de Boborás acolle o próximo 18 de xuño a primeira BTT solidaria en favor da Asociación Española contra o Cancro. A presentación deste evento deportivo tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participou o deputado provincial de Deportes, Juan Anta; a tenente de alcalde de Boborás, Patricia Torres; e a presidenta da AECC de Ourense, Dora Gómez.

A proba terá un percorrido de preto de 40 quilómetros que serán cronometrados e a saída será ás 9,30 horas diante do CEIP Nosa Señora de Xuvencos. Haberá unha clasificación feminina e masculina absoluta, con trofeos para os tres primeiros clasificados e dous trofeos para o participante de máis idade así como para o máis novo.

Te puede interesar