Nalgúns pasos estase empregando un tipo especial de pintura antideslizante, para evitar posibles resbalóns nos días de chuvia
A brigada de obras procede nestes días ao repintado dos pasos de peóns no casco urbano da vila.
Está traballando no cruce da estrada de Ribadavia e na rúa Centro do Carballiño en Bos Aires, e nos próximos días continuará polo resto das rúas e avenidas. Nalgúns pasos estase empregando un tipo especial de pintura antideslizante, para evitar posibles resbalóns nos días de chuvia.
O repintado era unha necesidade, pois moitos deles perderan a intensidade da cor branca, dificultando a visibilidade para os conductores e poñendo en perigo aos peóns, segundo apuntan as autoridades.