LETRAS GALEGAS

Buciños homenaxeará a Carlos Casares cunha obra na Insua dos Poetas

Isua2_result
photo_camera Buciños, á esquerda, con Luis Tosar na Insua dos Poetas

Situarase nun espazo dedicado ao escritor protagonista do Día das Letras

O escultor Manuel Buciños homenaxeará a Carlos Casares, o escritor que protagonizará este ano o Día das Letras Galegas, cunha obra que se emplazará na Insua dos Poetas, o espazo cultural impulsado polo poeta Luis Tosar en Madarnás (Carballiño). O propio Buciños visitou este fin de semana a Insua onde, da man de Luis Tosar, coñeceu a zona que se dedicará a Casares.

Tanto Manuel Buciños como Luis Tosar foron amigos de Carlos Casares e ofreceranlle unha homenaxe a Casares dedicándolle un espazo na illa, no que se situará a escultura. A súa inauguración terá lugar o vindeiro 15 de xullo, coincidindo coa Festa da Palabra, que terá lugar na Insua e que este ano acadará o seu 10 aniversarios.

Segundo relata Luis Tosar, cada ano a Festa da Palabra está dedicada a un escritor, e cada un destes conta cun espazo propio no recinto cultural. Tal é o caso xa de Rosalía, Curros, Celso Emilio, Blanco Amor, Díaz Castro, Pura e Dora Vázquez, e este ano corresponderalle a Carlos Casares. Neste acto agárdase contar coa presenza e colaboración de numerosos escritores e artistas ourensáns, o mesmo que de institucións como a Deputación provincial e a Fundación Carlos Casares.

A Insua dos Poetas, situada na localidade de A Esgueva, da parroquia carballiñesa de Madarnás, conforma un espazo cultural no que se mistura a natureza, as artes plásticas e o mundo da palabra ea literatura.

Te puede interesar