PROXECTO

O Camiño dos Arrieiros, en vías de recuperación

<p></p>
photo_camera Representantes municipais e membros da asociación Arracada tras la reunión.

A asociación Arracada, do Irixo, presentou a iniciativa aos concellos

A Asociación Cultural Arracada do Irixo presentou aos alcaldes e representantes municipais dos concellos enmarcados na Ruta dos Arrieiros, que transcurre desde Ribadavia a Santiago de Compostela, un proxecto de grabación dun documental recollendo os testemuños vivos dos maiores co obxectivo da recuperación e posta en valor do patrimonio material e inmaterial dese camiño. Asistiron a este primer encontro representantes municipais de Ribadavia, Leiro, Boborás, O Irixo, Silleda e Vedra, si ben, tal e como sinalan os membros da entidade, hai outros concellos tamén interesados.

A idea consiste en recoller toda a información posible das persoas maiores nun extenso documental, que despois se reducirá para a súa exposición ao público. Arracada parte para este proxecto do traballo de investigación histórica, estudio de mapas e cartografía que durante os últimos meses levaron a cabo varios membros historiadores. Ademais, para ilustrar o que se persigue, presentaron aos representantes municipais unha proxeción, que recolle as testemuñas de tres veciños de Brués, da Almuzara, e do Irixo.

O proxecto, que tivo boa acollida entre os representantes municipais, inclúe un traballo de investigación, a elaboración dun mapa topográfico do percorrido, identificación do patrimonio material e inmaterial, divulgación e posta en valor, e acondicionamento dos tramos non transitables.

Te puede interesar