PROMOCIÓN

Unha cantiga servirá para promocionar a Festa do Pulpo

Esta cantiga, que leva o subtítulo de Himno da Festa do Pulpo de Carballiño, formará parte dun CD cunha selección de cancións populares grabadas pola Real Banda de Gaitas

O Auditorio do Carballiño serviu de escenario para a grabación da cantiga da "Pulpeiriña do Arenteiro", con música de Xosé Luis Foxo, director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, e texto do historiador Felipe Senén, contando co gaiteiro Marco Foxo, a pandereteira Cristina Pumar, e a Coral do Casino do Carballiño.

Esta cantiga, que leva o subtítulo de Himno da Festa do Pulpo de Carballiño, formará parte dun CD cunha selección de cancións populares grabadas pola Real Banda de Gaitas, e que se distribuirá como promoción da Festa do Pulpo. Tamén se fará unha presentación pública no Carballiño no próximo mes de xuño. A grabación foi efectuada e dirixida por Xosé Luis Foxo e o director da Coral Polifónica do Casino, Jaime González Pichel. 

Te puede interesar