O Concello non autorizará despois entradas de auga, luz, gas ou telefonía

Os carballiñeses dispoñen de tres meses para pedir acometidas nas rúas en obras

Aspecto de las obras de reposición de alcantarillado, ayer, en la calle Cerca. (Foto: Martiño Pinal)
A execución de obras de acondicionamento en 10 rúas do casco urbán do Carballiño deberá ser aproveitada polos propietarios de vivendas para solicitar do Concello acometidas de auga, saneamento, telefonía, gas ou electricidade. O concelleiro de Urbanismo indicou que ‘esta medida ten coma obxectivo evitar o futuro levantamento do firme para facer as acometidas’.
A Concellería de Urbanismo do Carballiño advertiu onte que non autorizará acometidas domiciliarias despois do remate das obras de acondicionamento que se están a executar en 10 rúas do casco urbán da vila do Arenteiro.

Neste senso, o concelleiro desta área municipal, Edelmiro Mateo, sinalou onte que ‘a finalización destes traballos é de tres meses, é dicir, antes de agosto, e calquera propietario que desexe introducir auga potable, electricidade, telefonía ou gas na súa vivenda disporá dun máxi mo de tres meses de prazo para solicitar no Concello a autorización pertinente, que lle será tramitada de inmediato’.

Colaboración

O edil de Urbanismo explicou que, con esta medida, ‘tratamos de evitar que nas rúas que xa se atopan totalmente reformadas haxa que andar levantando o firme cada dous por tres, que na meirande parte dos casos queda mal e logo hai que chamar ás empresas para arranxalo’. Edelmiro Mateo citou o caso da rúa San Benito, onde a través dun convenio de colaboración a empresa Aquagest puxo o material e nós a man de obra e maquinaria para reformar toda a rede de abastecemento e alcantarillado’.

Esta rúa, xunto coas Solana, Madanela, Volante, Calvo Sotelo, Centro de Buenos Aires, Cerca y Alexandre Bóveda, e tamén a avenida do Balneario, están incluidas nos proxectos aprobados e que financia o Fondo Estatal de Inversión Local cun montante superior ós 1,25 millóns de euros. Esta cantidade representa a metade do global que o Estado destina ó municipio de Carballiño e que se aproxima ós 2,5 millóns de euros.


Te puede interesar