Os carballiñeses terán que xustificar os gastos das festas nas aldeas para acadar axudas

A Concellería de Medio Rural e Participación Cidadá do Carballiño convocou as axudas ás comisións de festas tradicionais que se celebran nas parroquias ó longo deste ano. O departamento que dirixe María Xosé Pérez ten consignado un total de 3.500 euros nunha partida dos orzamentos prorrogados do Concello do ano pasado para distribuir entre as localidades que organicen festexos.
Os solicitantes deberán presentar as súas solicitudes perante o Rexistro Xeral do Concello, acompañadas dun proxecto explicativo das actividades e actuacións; o orzamento de ingresos e as facturas orixinais ou copias cotexadas dos gastos realizados nas festas. Ademais, o peticionario terá que entregar unha fotocopia da tarxeta de identificación fiscal e os pertinentes certificados da Axencia Tributaria, Consellería de Facenda e da Tesourería municipal que xustifiquen que os organizadores ‘están ó corrente no pago das obrigas fiscais’. Reducción Na actualidade, son 10 as parroquias do rural que promoven festexos patronais, concretamente Arcos, Mudelos, Veiga, Lobás, Piteira, Seoane, Longoseiros e Señorín, nos meses de xullo e agosto. Neste tipo de subvencións, o Concello carballiñés non contempla as festas adicadas ó patrón da vila do Arenteiro, San Cibrao, xa que nos orzamentos anuais está fixada unha partida de 40.000 euros, correspondente a un 40% dos gastos previstos para a súa celebración, entre o 14 e o 19 de setembro. A época de crise motivou á alcaldía a reducir uns 20.000 euros o orzamento global neste ano.


Te puede interesar