Carballiño acolle a mostra "51 páxinas das letras galegas".

A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, inaugurou onte no Auditorio Municipal do Carballiño a exposición “51 páxinas das letras galegas”, unha mostra organizada pola Cámara galega, coa colaboración da Xunta e a Real Academia Galega, para resaltar a figura dos autores homenaxeados no Día das Letras Galegas, desde súa a instauración, no ano 1963. A exposición está conformada polas Medallas das Letras Galegas, que son obra do debuxante, pintor e caricaturista Siro López e do escultor Manuel Ferreiro Badía.

Te puede interesar